top of page

Xabaril (Sus scrofa)

  • Foto del escritor: Dominic López Saldaña
    Dominic López Saldaña
  • 30 mar
  • 2 min de lectura

Actualizado: 23 may



Características Físicas

O porco bravo é un mamífero da familia dos suídeos. O peso medio da especie oscila entre os 70 e os 90 quilos, inda que hai rexistros de individuos que os superan os 100 quilogramos. A súa lonxitude aproxímase ós 130 centímetros no caso dos machos e ós 120 centímetros no caso das femias. A súa altura está entre os 65 e os 70 centímetros. Presentan dimorfismo sexual, os machos adoitan ser máis corpulentos que as femias.

Características Físicas e Comportamentos

Os xabarís caracterízanse polo seus robustos corpos, curtos pescozos, longos fociños con caninos e pelaxe escura que indica que alcanzaron a súa madurez.

Hábitat e Comportamento

Poden adaptarse a moitos tipos de hábitats, mais prefiren aqueles boscosos, con vexetación alta e exuberante que lles permita agocharse. O porco bravo desfruta de bañarse en lama; comportamento que pode colaborar para regular a súa temperatura ou para librar de parásitos a súa pel. Ademais, foza no chan co seu fociño na búsqueda de raíces e invertebrados. Presenta hábitos nocturnos e crepusculares.

Comportamento Social

Os xabarís son gregarios, viven en grupos matriarcais nos cales unha femia adulta lidera o grupo e é acompañada pola súa descendencia. Os machos adultos son solitarios, pero en épocas de reprodución acóplanse temporalmente a un grupo.

Reproducción e Crecemento Poblacional

As hembras quedan preñadas no seu primeiro ou segundo ano de vida e, tras unha corta xestación de 120 días, dan a luz a 3 ou 4 crías. Debido a estas características reprodutivas  o xabaril é unha especie capaz de aumentar os seus números rapidamente.

Observación e Hábitos

Este xabaril foi captado ás 8 da noite vagando preto dunha veiga. Tamén recollemos imaxes dun acompañante que o seguía. A escasos metros da ubicación da cámara de fototrampeo atópase un pequeno lameiro onde os xabarís deixaron en máis dunha ocasión marcas.

Dieta e Predadores

Trátase dun animal omnívoro con clara preferencia por vexetais e froitos coma landras, bulbos, cogomelos e hortalizas. Insectos, cobras, ovas e anfibios tamén poden conformar o seu alimento. Os seus depredadores naturais case exclusivos son os lobos, os cales cazan exemplares xuvenís de porco bravo. As aves rapaces tamén poden depredar sobre as crías de xabaril.

Impacto no Ecosistema

Os xabarís non están en perigo nos nosos bosques. Máis ben é o seu número descontrolado o que supón unha ameaza para os ecosistemas. Estímanse máis de 82.000 xabarís en Galiza, cunha densidades media de 2,77 exemplares por quilómetro cadrado. A súa superpoboación, fóra dos danos económicos que orixina, pode causar un empobrecemento biolóxico e facilitar a propagación de enfermidades. O xabaril é unha das especies cinexéticas por excelencia. Con todo, tendo en conta a prevista decadencia da caza e as dificultades da mesma para regular a poboación de porcos bravos, deben idearse novos medidas para regular os números dunha especie que medra sen parar pola ausencia dos seus depredadores naturais e o abandono do rural.


 
 
 

Comentarios


bottom of page