Pombo (Columba palumbus)
- Dominic López Saldaña
- 23 may
- 2 min de lectura

Características Físicas
O pombo torcaz é das meirandes especies da familia das pombas, tanto no referente a distribución xeografíca como no seu tamaño. A súa envergadura chega ós 80 centímetros e mide 40 centímetros de lonxitude. O seu peso oscila o medio quilo. Unha plumaxe agrisada xunto cun corpo robusto son típicos desta especie, porén, o trazo máis útil para diferencialo doutras pombas é a pinta branca que presenta no seu pescozo.
Voo Distintivo
O seu voo tamén é moi característico grazas ó forte batir das súas ás.
Hábitat e Distribución
O pombo precisa dunha mínima densidade de árbores e augas tranquilas para habitar unha zona. Os seus hábitats preferidos son os bosques de frondosas. As poboación galegas realizan pequenos desprezamentos territoriais. Pola contra, as do centro e norte de Europa migran no inverno cara á Península Ibérica.
Reproducción
Poden chegar a realizar dúas postas ó ano. Cada posta consta, normalmente, de dous ovos os cales os proxenitores deben chocar durante 18 días.
Comportamento e Sonido
Pombo torcaz fotografado á maña nun cable da luz. É bastante frecuente atopar esta especie polo rural, pero é aínda máis común escoitar o seu mítico canto a calquera hora do día.
Dieta
A súa alimentación componse sobre todo por sementes, algunhas follas e algúns cultivos; se ben é certo que complementan esta dieta vexetal con larvas e vermes.
Predadores
Na listaxe dos seus predadores atopamos mamíferos coma o teixugo e aves rapaces coma o bufo ou o miñato.
Estado de Conservación
Considérase ó pombo torcaz como unha especie en bo estado nos nosos ecosistemas. A ameaza central para esta especie é a caza, inda que os parques eólicos tamén supoñen un perigo potencial para as poboacións migratorias.



Comentarios