Anduriña (Hirundo rustica)
- Dominic López Saldaña
- 23 may
- 2 min de lectura

Características físicas das anduriñas
As anduriñas son pequenas aves migratorias cunha grande expansión por todo o mundo. Miden até 20 centímetros de lonxitude e a súa envergadura alcanza os 34 centímetros. Pesan entre 16 e 22 gramos. A plumaxe do seu peito é branca, a da súa face vermella e a da súa parte superior ten unha tonalidade azul metálica. O seu rabo ten unha característica forma de tixeira e o seu grácil e veloz voo é inconfundíbel.
Hábitat e construción de niños
A anduriña prefire o campo aberto con baixa vexetación e auga nas proximidades. As anduriñas adoitan aproveitarse de estruturas humanas para facer os seus niños, os cales revisten con lama e terra.
Comportamento diurno e comunicación
Esta especie presenta gran actividade polo día e adoita comunicarse mediante numerosos cantos.
Migración e hábitos estacionais
Son as aves migratorias por excelencia, viaxan en bandadas e chegan coa primavera, en abril. A finais de setembro, cando o frío retorna, as anduriñas regresan a países máis quentes. Ó volver na seguinte primavera constrúen os seus niños no mesmo lugar que o ano anterior.
Relación co medio e captura de presas
As anduriñas son unhas fantásticas aliadas, posto que só unha especie con tal maniobrabilidade aerea pode capturar mosquitos, saltamontes, cabaliños do demo e moitos outros insectos ó voo. Así pois, presenta unha dieta insectivora.
Predadores naturais e ameazas
As aves rapaces son os predadores natuarais das anduriñas. Con todo, algúns mamíferos, nomeadamente o gato doméstico, pode drepedalas.
Estado da especie e distribución
As anduriñas están fortemente expandidas polo hemisferio norte. No seu conxunto, a especie non está ameazada. Ademais, os seus numeros tampouco semellan estar en descenso nos nosos ecosistemas.



Comentarios