top of page

Eucalipto (Eucalyptus globulus)

  • Foto del escritor: Dominic López Saldaña
    Dominic López Saldaña
  • 23 may
  • 2 min de lectura

Variedade de Eucaliptos

Existen sobre 600 especies de eucaliptos, a máis común na nosa zona é a coñecida coma eucalipto azul ou eucalipto branco.

Características Físicas

Esta esbelta árbore adoita medir entre 45 e 55 metros. Amosa unha codia é fina e lisa, ademais despréndese en longas tiras. As súas follas, que son prennes, chegan ós 30 centímetros de longo.

Orixe e Adaptabilidade

O eucalipto provén de Australia e leva en Galiza dende o mediados do século XIX. Non é moi esixente no tocante ás características do solo e soporta todo tipo de condicións climatolóxicas con abundancia ou escaseza de precipitacións. As poboacións de eucalipto recupéranse con forza tras arder nun incendio, o que supón unha gran vantaxe para a proliferación da especie.

Métodos de Reproducción

Reprodúcense tanto por semente coma por bortes da cepa.

Expansión do Eucalipto

Fotografía dun eucaliptal no medio do monte. Os eucaliptos expándense fóra das súas parcelas de cultivo en numerosas ocasións.

Impacto Ambiental

O eucalipto extrae grandes cantidades de auga do subsolo coas súas raíces e conta cun composto químico nas súas follas chamado eucaliptol. O eucaliptol ten propideades antisépticas, útiles para a mediciña mais dañinas para o medio posto que esteriliza o chan empobrecendo a biodiversidade do mesmo.

Importancia Económica

Case un 30% da superficie forestal de Galiza está cuberta por eucaliptos. Esta especie é esencial para o sector madeireiro, o cal cultívaa para producir celulosa. O principal beneficio do cultivo de eucalipto reside no seu rápido crecemento en comparación con outras árbores coma o piñeiro.

Controversia sobre a Sobreexplotación

Existe un xigantesco conflito ó redor do eucalipto. Un sector da sociedade defende a dependencia económica que temos do mesmo mentres que outro sinala os prexuízos que supón a súa sobreexplotación para a nosa flora e fauna.

Estudo sobre a Biodiversidade

O certo é que un estudo con persoal da USC expón que as plantacións de eucaliptos albergan moitas menos especies de aves que os bosques nativos e sinala ás características biolóxicas do eucalipto coma responsabeis directas. A Xunta ampliou até o 2030 a moratoria do eucalipto, buscando reducir as masas de eucaliptos mentres mantiñan o aproveitamento económico das mesmas.

Necesidade de Xestión Sostible

Non debemos demonizar ó eucalipto. Inda que algunhas das súas características si que afectan de xeito directo ó resto de especies, o problema real reside na mala xestión da especie. Se queremos uns bosques sans debemos aprender a coller deles os recursos que precisamos sen dañar os seus ecosistemas.



 
 
 

Comentarios


bottom of page