Piñeiro (Pinus pinaster)
- Dominic López Saldaña
- 23 may
- 2 min de lectura

Importancia do Piñeiro na Economía Galega
O piñeiro é unha arbore fundamental na pixase dos mostes galegos e ademas e un gran aliado na economía forestal dos montes galegos. O piñeiro pertence a família das coníferas.
Tipos de Piñeiros en Galicia
En Galicia hai catro grandes tipos de piñeiros que son; Piñeiro bravo ou do país (Pinus pinaster) é o máis abundante, ocupando aproximadamente o 36 % da superficie forestal. Está moi ben adaptado ao solo e ao clima de Galicia, e utilízase amplamente na reforestación. Piñeiro radiata (Pinus radiata): Esta especie é moi común na provincia de Lugo. Piñeiro silvestre (Pinus sylvestris): Esta especie atópase principalmente na Galicia interior, adaptada a ambientes de alta montaña. Piñeiro piñonero (Pinus pinea): Menos común, esta especie atópase en zonas costeiras máis cálidas.
Extensión dos Piñeiros nos Montes Galegos
Fotografía dun piñeiro do monte. Os piñeiros ocupan grandes extensións, tanto en repoboacións coma en bosques naturais.
Desafíos Actuais do Piñeiro
O piñeiro cubriu durante motitos anos a superficie forestal de Galicia, pero hoxe en día esta arbore esta sendo suplantada polo eucalipto debido a que é unha arbore de rápido crecemento e da máis beneficios económicos na industria da explotación do monte galego.
Orixe e Adaptación do Piñeiro en Galicia
O piñeiro é orixinario do mediterráneo e leva presente en Galiza dende moitos anos atrás, aínda que as súas plantación intensificaronse no século XX. O piñeiro é unha especie que non necesita un solo con moitos nutrintes, adaptase ben a climas húmidos e aguanta mellor as baixas temperaturas.
Usos da Madeira de Piñeiro
O piñeiro galego ten diversos usos, uns dos principais e o da industria madeireira. A madeira de pino é unha das máis comús usadas para os diversos usos de carpintería. En cambio, hoxe está sendo remprazada polo eucalipto debido aos seus custos de producción.
Integración do Piñeiro na Paisaxe Galega
Se queremos un monte saudable e produtivo, é preciso aprender a integrar o piñeiro nunha paisaxe diversa, mesturándoo con frondosas autóctonas e respectando os límites do ecosistema.



Comentarios