top of page

Pega (Pica pica)

  • Foto del escritor: Dominic López Saldaña
    Dominic López Saldaña
  • 22 may
  • 2 min de lectura

Descrición e características

A pega rabilonga é dos córvidos máis extendidos de Galiza. Dintínguese sen problemas pola súa plumaxe branca e negra e mais a súa cola longa e estreita. Mide entre 50 e 60 centímetros de envergadura e entre 50 e 60 de lonxitude. A comunidade científica clasifica á pega como uns dos animais máis intelixentes; demostrouse que é quen de recoñecerse diante dun espello.

Hábitat e distribución

Esta especie puido extenderse ó longo de todo o hemisferio norte grazas á súa adaptabilidade ó medio. Agas bosques moi fechados e frondosos a pega pode ocupar todo tipo de ecosistemas, con preferencia por hábitats rurais periféircos. Tamén pode adaptarse a ambientes máis urbanos coma vilas e cidades.

Reproducción e comportamento social

Entre marzo e abril aparéllanse e constrúen o seu niño con ramas, paus, musgo… Teñen a costume de incorporar no mesmo obxectos brillantes ou chamativos. As pegas son aves sedentarias que comparten o seu territorio coas súas parellas de cría. Aquelas que non crían agrúpanse en bandas.

Observación no entorno

Fotografía dunha pega no tellado dunha casa. É bastante doado atopalas polo rural e andan activas dende antes do amencer.

Dieta e alimentación

A dieta das pegas varía en función da época do ano e da zona na que se atopen. Aliméntanse de insectos, arácnidos, vermes, mamíferos pequenos, paxaros, anfibios, ovos, foroitas, carroña, cogomelos…

Comportamento alimentario

Son omnívoras e oportunistas. Regurxita aquilo que non é capaz de dixerir en forma de egagrópilas, bólas formadas por restos de alimentos.

Depredadores naturais

As aves rapaces son os depredadores centrais desta especie.

Estado de conservación

A pega atópase nun bo estado de conservación nos nosos bosques. Inda que non existe un censo exacto, varios indicios apuntan a que as súas poboacións son vigorosas e estábeis. De feito, a desaparición dos seus depredadores naturais podería rematar por elevar en exceso os números desta especie.

 
 
 

Comentarios


bottom of page