Ourizo (Erinaceus europaeus)
- Dominic López Saldaña
- 22 may
- 2 min de lectura

Descripción del Ourizo Cacho
O ourizo cahco é un pequeno mamífero insectívoro. O peso promedio é de 1 quilo, cun altura de até 15 centímetros e unha lonxitude de 30 centímetros. O seu pelaxe é castaño, o seu fociño longo e os seus ollos negros e saltóns. O rago máis especial deste animal son as súas pugas protectoras; o ourizo pode envolverse sobe si mesmo para evitar ataques de depredadores.
Hábitat y Comportamiento
Bosques, fragas e matogueiras son algúns dos hábitats que ocupa esta especie. As horas ás que están acitvos os ourizos son sobre todo as da noite e mais o crepúsculo. Os ourizo pode chegar a ter dous períodos de celo e teñen normalmente cinco ou seis crías, as cales son cegas até a segunda semana de vida. Hibernan dende novembro ou decembro a marzo.
Impacto de la Actividad Humana
Fotografía do corpo sen vida dun ourizo na cuneta dunha estrada. Morreu esgamado por un vehículo.
Dieta y Efecto en el Ecosistema
A dieta do ourizo cacho é omnívora. Aliméntase de insectos, miñocas, ovos, castañas, pequenos vertebrados etc. Exerce unha función moi importante no control das pragas e axuda ós agricultores a protexerse de especies que poderían estragar os cultivos.
Depredadores y Vulnerabilidades
Os predadores principais do ourizo son especies coma raposos, teixugos e aves rapaces. Os ourizos son vulnerables tanto a parásitos e ácaros coma a enfermidades infecciosas.
Estado de Conservación
Segundo a Lista Vermella de Especies Ameazadas da Unión Internacional para a Conservación da Naturaleza o ourizo cacho é unha especie case ameazada en toda Europa, posto que os factores humanos non fan máis que minguar a súa poboación.
Problemas de Mortalidad por Atropello
O ourizo, na acutalidade, é un dos animais que máis mortes por atropelo sofre. Os ourizos desprázanse bastante na procura do alimento que precisas para sobrevivir ó día a día e afrontar a hibernación. O mecanismo de defensa deste especie non é escapar a toda velocidade; eles detéñense e fanse unha bóla para protexerse coas súas pugas. Este método é eficaz para sobrevivir ó ataque de depredadores, mais fainos moi vulnerábeis ás mortes por automóbil.



Comentarios