top of page

O Corzo (Capreolus capreolus)

  • Foto del escritor: Dominic López Saldaña
    Dominic López Saldaña
  • 30 mar
  • 2 min de lectura


Características do Corzo

O corzo é cérvido máis pequeno que habita Europa. O seu peso medio é de 20 quilos, mide até 140 centímetros de longo e outros 70 de alto. Os machos contan cunha cornamenta pequena de até 3 puntas, a cal mudan en outono ou inverno. Ademais, esta especie presenta unha coloración branca na parte traseira. Os corzos presentan unha pelaxe diferente dependendo da época do ano: no verán é de cor castaña e no inverno é máis apagada. As súas grandes orellas en forma de cuncas axúdano a detectar posíbeis ameazas.


Hábitat e Comportamento

Os corzos habitan areas boscosas onde atopan refuxio e alimento. Grazas á súa morfoloxía son expertos en desprazarse dando chimpos. Poden vivir en grupos ou ser solitarios. Os corzos sempre están alerta e presentan máis movemento ó amencer e ó atarceder. Coma curiosidade, a implantación diferida dáse nos corzos. Está é unha característica reproductiva que só está presente entre algúns mamíferos e consiste en retrasar o periodo de xestación: o óvulo fecúndase ó aparearse pero non se une inmediatamente á parede uterina. Como o embrión non comeza a desenvolverse até unirse ó útero o perido de xestación pode extenderse moito. Isto permítelle ó corzo parir na primaveira, o momento máis favorábel para facelo.


Alimentación

Os corzos son hervíboros e bastante esixentes coa súa alimentación. Comen follas e brotes de árbores e arbustos.


Predadores Naturais

O seu predador principal é o lobo, inda que outros carnívoros como aves rapaces ou inclusive raposos poden cazar ás crías.


Importancia Cinexética

É unha especie cinexética, ou sexa, empregada para a caza. A súa presencia nos nosos bosques non está ameazada, de feito libéranse exemplares de corzos en determinados zonas co fin de repoblalas.


Conservación e Retos

Regulando a caza dun xeito axeitado poderiamos restablecer poboacións permanentes de corzos nos nosos bosques, o que axudaría a outras especies coma os lobos. Non é unha cuestión sinxela, pois o corzo é afectado polos lumes forestais, os accidentes de tráfico e a caza furtiva. Na Europa central o corzo afecta notablemente ás plantación agrícolas. Esta realidade non se dá na nosa area, pero o abondono do rural pode desencadeala.


 
 
 

Comentarios


bottom of page