top of page

Corvo (Corvus corone)

  • Foto del escritor: Dominic López Saldaña
    Dominic López Saldaña
  • 22 may
  • 2 min de lectura

Actualizado: 23 may


Características do Corvo Común

O corvo común diferénciase do seu curmán maior, o corvo grande (Corvus corax), por ser máis pequeno e lixeiro. É máis doado atopar a esta especie nos nosos bosques e as súas contornas que a outros membros da familia dos córvidos; a excepción da pega.

Tamaño e Aparencia

Ten unha lonxitude de 50 centímetors, unha envergadura de até un metro nos meirandes exemplares e pesa aproximadamente medio quilo. O corvo é unha sombra vivente; o negro cubre as súas plumas, o seu peteiro, as súas patas e mais os seus ollos.

Hábitat e Alimentación

Por unha banda o corvo prescisa árbores para aniñar. Pola outra, prefire buscar alimentos en campos abertos e terras de cultivo. Así pois, esta especie habita areas boscosas pero non demasiado exuberantes que limitan con zonas rurais.

Reproducción e Comportamento Social

Macho e femia xúntanse a partir de marzo. Unha vez que atopan o lugar axeitado onde asentar o seu niño recollen ramas e paus para construilo. Cando as crías crecen únense ó grupo familiar e poden cooperar co mesmo durante bastante tempo até finalmente independizarse. Non se trata dunha ave migratoria, é sedentaria e confronta ás aves que invadan o seu territorio.

Comportamento e Intelixencia

Este corvo que buscaba alimento nunha veiga estaba acompañado por outro exemplar. O certo é que é raro atopar un corvo só, case sempre van en parellas ou en grupo. Os córvidos son coñecidos por presentar unha grande intelixencia. Posibelmente esta estea relacionada cos fortes vínculos sociais que crean.

Dieta e Predadores

Os corvos teñen unha dieta omnívora e oportunista, polo que recorren a sementes, froitos, invertebrados, réptiles e carroña, entre outros recursos. Águias e mouchos son os seus predadores centrais.

Estado de Conservación

Esta especie non se atopa ameazada nos nosos bosques. Malia que é certo que pode alimentarse dos campos de cultivo, o rol que desempeña nos ecosistemas como controlador de pragas e limpador de cadáveres é esencial.

 
 
 

Comentarios


bottom of page